viernes, 12 de diciembre de 2014

VÍDEO: "LA HISTORIA DE LAS COSAS"

VÍDEO QUE MOSTRA UNHA INTERESANTE VISIÓN DE COMO É O SISTEMA PRODUTIVO IMPERANTE NOS ÚLTIMOS ANOS, EXPLICANDO POLO CAMIÑO COMO O NOSO ENORME CONSUMISMO ESTÁ OCASIONANDO PROBLEMAS MEDIO AMBIENTAIS Ó PLANETA E DE SAÚDE ÓS SEUS HABITANTES.

viernes, 5 de diciembre de 2014

VÍDEO SOBRE O PUNTO MORTO

Neste vídeo dase unha pequena explicación de que é o punto morto dunha empresa, como se calcula e cal é a súa utilidade,

miércoles, 29 de octubre de 2014

DÉFICIT PÚBLICO

O déficit do Estado Central (diferenza entre os gastos e ingresos presupostados) subiu ata o 3,1% do PIB español durante os nove primeiros meses do ano (o Estado gastou uns 33.052 millóns de Euros máis dos que ingresou). Esta parecce ser unha boa nova, pois o déficit era maior a estas alturas do ano pasado, e todo parece indicar que se van cumprir as previsións de déficit para todo o ano (3,5% do PIB). O problema :  ¿como se logrou?